ZEPA NA LIMIA
UNHA
OPORTUNIDADE PARA A LIMIA

A futura declaración de máis de 10000 ha. da comarca
da Limia como ZEPA (Zona de Especial Protección para Aves) xerou unha polémica
sen igual. Enfrontando de forma aberta a diversos colectivos sociais (partidos,
sindicatos agrarios, ecoloxistas e veciños) que se mostraron a favor ou en
contra da súa materialización.
A raíz da problema radica na falta de coñecemento
por parte da sociedade e polas administracións das estratexias reais
comunitarias para a protección do medio e o dereito á comunicación e
información ambiental. Medidas todas elas de carácter europeo moi alexadas
aínda da nosa limitada visión
conservacionista.
A Unión Europea leva anos traballando arreo na
creación do Proxecto Natura 2000. Natura 2000 será unha gran rede ecolóxica no
ámbito europeo, de aquelas áreas claves para a conservación da biodiversidade .
Incluindo Zonas de Especial Conservación (LIC-Lugar de Interés Comunitario)
según a Directiva de Hábitat ,así como as Zonas de Espacial Protección para as
Aves (ZEPAS) en virtude da Directiva de Aves. A súa finalidade é asegurar a
supervivencia a largo plazo das especies e ecosistemas máis amenazados do continente.
As ZEPAS (enmarcase baixo as disposicións do artigo
4 da Directiva 79/409/CEE) como zonas naturais de singular relevancia para a
conservación da rica Avifauna europea (amenazada ou en perigo). As ZEPAS nacen
da idea de que as aves do territorio comunitario son patrimonio común, e polo
tanto terán que ser protexidas a través dunha xestión homoxénia na totalidade
dos países membros. En concreto intentanse conservar 181 especies de aves
autóctonas (Anexo 1 da directiva) así como o conxunto das aves migratorias.
Na actualidade a rede galega de ZEPAS está composta
soamente por 14 zonas que ocupan unha superficie total de 71579 ha.( tan só
2,42 % do noso territorio figura baixo estas designación moi lonxe da media
nacional 16,51% ou da realidade de
outras comunidades que chegan 20% ). Un bo exemplo cercano a nosa realidade e o caso da comunidade veciña de
Castela e León. Esta autonomia que presume de ser unha das maiores rexións de
Europa existen ata 70 Zonas de Especial Protección para as Aves cunha
superficie de máis de 1.990.000 ha. As primeiras declaracións de ZEPAS
iniciaronse a polo ano 1990, naquel momento a rede contaba con 12 zonas e non
chegaba a ocupar máis do 2.5% do territorio castelano-leonés. Este conxunto de
espacios mostraronse totalmente insuficientes para o cumprimento dos obxetivos
da Directiva Europea. A Junta iniciou un interesante proceso de ampliación que
permitiu o nacemento da actual rede ZEPA formada por 70 áreas o que supón máis
do 21% do territorio.
Lamentablemente a día de hoxe Galicia é o territorio
dentro do estado que menos aporta a
esta rede de Espazos da ornitofauna .
Esta situación provocou e desencadeou que o Tribunal
de Xustiza da Comunidade Europea de Luxemburgo inculpara o España (e con ela
especialmente a Galicia) polo incumprimento
e a falta de vontade na creación e defensa das ZEPAS.
Deste xeito a Xunta de Galicia viuse na obriga, de
votar a andar un proxecto para impulsar e ampliar estas ecozonas para aves
.Tendo en conta que sen lugar a dúbidas no territorio galego existen hábitats
claves para a supervivencia das comunidades de aves europeas.
Presentándose o borrador da Declaración como ZEPA (A Limia-Veigas de
Pontelinares-Baltar) que intentara a conservación de 42 especies presentes na
comarca (citadas no Anexo europeo ). Destacando o alcaraván común (Burhinus aedicnemus), sisón común (Tetrax
tetrax) e aguilucho cenizo(circus pygargus)
todas elas con hábitat vinculados actividades agrícolas (cultivos.
cereales, pastizales) tan características nesta comarca que presume de ser a
corazón do sector primario na provincia de Ourense.
Pero o proxecto ven acompañado da polémica ,da
inseguridade e da falta de coñecementos das verdadeiras limitacións reais
(inesistentes neste caso) que pode ocasionar no rural limiao. O establecemento
da ZEPA non crea ningún tipo de traba
para a poboación que vive do campo na comarca (simplemente tutela a
protección das comunidades de aves). A ZEPA como outras figuras de protección
da natureza son unha verdadeira oportunidade
de xeración de riqueza e de
calidade de vida nas zonas rurais galegas. Xa que nun futuro cercano cando se
reforme a Política Agraria Común (PAC) e se limiten as axudas convencionais que
hoxe en dia recibe o noso agro. As
únicas zonas beneficiadas polos cartos europeos (Programa LIFE, Fondo de
Cohesión, Fondo Ceder....) serán aqueles espacios protexidos (LIC,ZEPA dentro
da red Natura) donde a producción agrícola e ganadeira reorientese cara unha visión ecolóxica e de calidade.
A Limia pode ser un claro exemplo desa idea clave do desenvolvemento sostible en Galicia.
Convertendose nun espacio natural modelado polo home ben conservado, no cal as
actividades tradicionáis conviven en simbiose ca necesaria conservación do
medio.
